Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS MARAVILLAS
Moi boas! Aquí estou de volta outra fin de semana máis cunha nova diferente: As Maravillas.

Ao contrario do que todos estaredes pensando, non se trata dunha novela de Lewis Carrol nin cousa semellante; é o nome do meu pobo, da parroquia que me agarda cada verán e inverno, nada máis chegaren as vacacións. Pois ben, aclarado isto e aproveitando que nesta fin de semana celebramos as festas en honor á Virxe das Maravillas, vouvos falar un chisquiño da súa historia.

O meu pobo chámase: As Marabillas. Atópase a uns 20 km da cidade de Ourense, para que vos fagades unha idea, preto da comarca de Celanova, aínda que pertence ao concello de Cartelle.

Unha das calidades que fan á miña aldea distinta das demais, ten lugar sete semanas despois de Pascua, concretamente o domingo de Pentecostés. É a romaría e procesión da Virxe das Maravillas.

A historia desta procesión remóntase ao ano 1646. Cóntase que unha pastoriña duns 15 anos, estaba coas súas ovellas no monte. Cansada de tanto andar, venceuna o sono e cando chegou a unha ladeira, moi preto da fonte de Amedo, tirouse no céspede e comezou a soñar: soñou que oía moitas gaitas tocar, vía brancos e grandes ramos que coas súas bólas resplandecían, todo nunha Ermida chea de xente.

A rapaza espertou e marchou buscar bugallos polos carballos.

Cando volveu á fonte, diante dela presentábase un enorme santuario cheo de luces e unha muller que refulxía. Esta muller fíxolle un encargo, que fose buscar ao cura da parroquia de As Pías.

A pastoriña así o fixo e logo de teimar co cura para que viñese con ela ao lugar onde estaba a imaxe que refulxía, logrou convencelo.

Disque, a imaxe non era senón a Virxe de As Maravillas, e o mandato que lle tiña para o abade era que no lugar onde ela estaba se construíra a súa Igrexa.

No Elucidario manuscrito que existe na parroquia, explica que comezaron as obras en 1813 e que, o 2 de xuño de 1816 se trasladou dende a parroquia de San Miguel de Espiñoso a imaxe da Virxe de As Maravillas.

Dende entonces e ata agora, ano tras ano se celebra a romaría e a procesión. Miles de fieis se congregan nos campos de As Maravillas para comer polbo, empanadas, doces... Debaixo do centenario carballo, ao son da banda de música de Vilanova, para a continuación acompañar á
Virxe en procesión.

A procesión vai encabezada polos pendós, que
son uns estandartes un, coa bandeira de Galicia e outro co escudo da parroquia, seguidos duns ramos de tres metros de alto por un metro de diámetro engalanados con bólas de Nadal, algunhas de cristal, flores, colares e monecas de porcelana. Todo engarzado nun pau de castiñeiro e nunha estrutura de arame envolto en grilandas de papel cebola. Cada ramo pode chegar a pesar uns 100kg e lévanos cinco quilómetros ao lombo.

E aquí remataría a miña engada por esta semana, espero que fose do voso gusto. Ata a vindeira!

Clara Mª Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-05-2018 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal