Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PROCESIóN DA VIRXE DE FÁTIMA

Para Ourense, o 13 de maio está marcado no calendario cunha cita ineludible.
En 1948, a imaxe da Virxe de Fátima chegou á cidade e a partir dese momento, comezou a gañar a devoción do pobo de Ourensano e dos veciños no barrio de Couto en particular.
Ó pricipio limitouse a percorrer as rúas do barrio de Couto pero máis adiente decidiuse que o percorrido debería incluír o centro da cidade.
Miles de ourensáns participaron nesta procesión dende O Couto ata a Catedral. A imaxe saíu ás 22:45 do templo do Couto e unha vez na rúa, foi recibida por pétalos de rosas e flores que caían desde os distintos balcóns do edificio. Unha nova entrega da tradicional procesión das antorchas. A comitiva abríana o cinco estandartes que fan referencia ós misterios do rosario.
Tras eles, unha cruz, e a imaxe da Virxe , que xurdía entre as flores que foron achegadas na xornada do pasado día 12 polas nais, devotos e relixiosos. Tras a santa, centos de persoas entoaban cantos seguindo os acordes da megafonía á vez que iluminaban coas súas veas o percorrido. Tamén estaba presente o obispo de Ourense, Leonardo Lemos.
Rematada a homilía, a imaxe mariana enfilou o regreso ao seu santuario no Couto, acompañada aínda por centos de fieis, moitos deles veciños deste barrio.

ALBA LOSADA ÁLVAREZ 1º bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-05-2018 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal