EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

REINHOLD MESSNER Y KRZYSZTOF WIELICKI, PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DE LOS DEPORTES
Os alpinistas Reinhold Messner e Krzysztof Wielicki foron galardonados de forma conxunta co premio Princesa de Asturias dos Deportes fallado o día 16 de maio .

Messner naceu en Italia fai 74 anos e xa formaba parte da historia viva do alpinismo ao converterse na primeira persoa en escalar os 14 oitomiles sen osíxeno. Foi o primeiro que o fixo no Everest en 1978 acompañado do austríaco Peter Habeler. Dous anos despois volveuno a facer, só. Tamén superou o reto de cruzar a Antártida.Na paixón pola montaña acompañoulle en máis dunha ocasión o seu irmán Günther que faleceu nun dos descensos do Nanga Parbat en 1970. Aquilo marcou a súa vida e a súa forma de escalar.Ten varios libros publicados e leva media vida impartindo os seus coñecementos ao mundo en forma de conferencias. Para moitos é o alpinista máis grande de todos os tempos. En 2010 recibiu o Piolet de ouro pola súa traxectoria.

Krzysztof Wielicki naceu fai 68 anos en Polonia. Foi Boy Scout e aínda que estudou inxeniería electrónica, o seu foi e segue sendo a montaña.Formou parte dun grupo de alpinistas polacos que cansados trala segunda guerra mundial da pobreza e a opresión na que vivían no seu país, viron na montaña unha esperanza. Así protagonizaron fazañas e viron mundo.

Convertéronse na vanguarda da escalada no Himalaya.En 1980 Wielicki protagonizou a primeira escalada invernal ao Everest. Ademais é o quinto home en escalar os catorce oitomiles.

A candidatura foi proposta por Pedro Miguel Echenique Landiríbar (Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 1998). O fallo recoñécelles a súa "traxectoria insuperable" e a súa contribución á historia do alpinismo.Para o xurado, ambos son " un exemplo de superación" pola súa labor social, humanitaria e de divulgación dos valores do alpinismo, feito que os converte nun exemplo para a humanida e as futuras xeracións".

O dos deportes é un galardón ao que optaban 21 candidaturas de 12 nacionalidades diferentes, das cales a mayoría eran individuais e de homes. Ambos escaladores toman a substitución á selección masculina de rugby de Nova Zelanda, os All Blacks. O premio dos deportes este ano 2018, igual que nas súas últimas edicións, recoñece un deporte máis minoritario onde ademais recoñécese a faceta de exemplaridade e os valores dos galardonados.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-05-2018 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal