Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lúa, Pólux e Cástor
Na mitoloxía grega, os xemelgos Cástor e Polideuco (Póllux para os romanos) naceron dun ovo que
puxo Leda logo de ser seducida por Zeus convertido en cisne, e de ter despois relacións co seu esposo
Tíndaro; Póllux era fillo de Zeus e polo tanto inmortal, Cástor era fillo de Tíndaro e mortal.

Formaron parte dos Argonautas na viaxe de Jasón. Nun combate con Idas, Cástor morreu e Póllux rexeitou a súa condición de inmortal, por iso e en premio Zeus púxoos xuntos para sempre non ceo.

A conxunción da Lúa e estas estrelas será visible a noite deste sábado, 19 de maio de 2018, en dirección Oeste. Pólux e Cástor son as estrelas máis brillantes da constelación de Xémini.

O máximo achegamento da conxunción ocorrerá ás 13:00 UTC. O evento poderase observar desde calquera país a primeira ollada.

Eyén Díaz López 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-05-2018 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal