EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Homenaxe á escritora Pura Vázquez no centenario do seu nacemento en Ourense

Representantes políticos e da sociedade ourensá reuníronse no cemiterio de San Francisco para honrar a memoria da escritora ourensá
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou no acto conmemorativo do centenario da escritora ourensá Pura Vázquez, que tivo lugar no cemiterio de San Francisco, en Ourense, coorganizado pola institución provincial e o Centro PEN Galicia.No evento participaron tamén o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o presidente do Centro PEN Galicia, Luis González Tosar, familiares da escritora e representantes institucionais e de colectivos culturais e sociais, “ten como obxectivo seguir recoñecendo a unha das grandes da nosa cultura, como foi Pura Vázquez, e moito máis hoxe, Día das Letras Galegas”, expresou Rosendo Fernández.

O vicepresidente da Deputación lembrou “á escritora e mestra, é a autora por excelencia da literatura para nenos e mozos na nosa lingua, cuxa obra abrangue máis de corenta títulos de poesía, narrativa e teatro, pensados para o público infantil e xuvenil, a quen dedicou a súa carreira e a súa creatividade literaria”, destacou Rosendo Fernández.

O acto, no que participaron no apartado musical gaiteiros da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, rematou tralos discursos cunha ofrenda floral na tumba da escritora por parte de Rosendo Fernández, Jesús Vázquez e Luis González Tosar.
Lucía López
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 20-05-2018 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal