Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia rexistrou máis de 5.400 pisos turísticos desde a entrada en vigor do decreto

O pasado xoves fixo un ano que o decreto que regula as vivendas de uso turístico en Galicia entrou en vigor e a Xunta fai un balance máis que positivo destes doce meses. Durante este tempo foron máis de 5.400 vivendas destas características as que se deron de alta no rexistro da Xunta, o que constitúe o 16 % das 163.000 prazas de aloxamento turístico que existen en Galicia.
A maior concentración de vivendas de uso turístico dáse en Pontevedra e na Coruña, mentres que en Lugo e Ourense hai unha menor presenza. Cabe destacar que Sanxenxo é o municipio con maior número de vivendas de uso turístico, con 1.217 inmobles destas características. A Xunta tamén recorda que o plan de inspección turística comezou o pasado mes de marzo e que conta coa colaboración dos concellos e do Goberno, así como coa das plataformas de comercialización a través de Internet para solicitar toda a información posible sobre as vivendas que se alugan a turistas que non teñan regularizada a súa situación. Turismo terá acceso aos datos sobre os propietarios que os portais de Internet teñen que enviar á Axencia Tributaria . Esta é unha das novidades deste ano do departamento que dirixe Cristóbal Montoro, que a finais do 2017 aprobou un decreto para que as plataformas que comercializan estes inmobles na Rede estean obrigadas a informar á Axencia Tributaria sobre os ingresos que perciben os propietarios ao alugar estas vivendas e as características dos inmobles, tamén a súa localización e a súa referencia catastral.

Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal