Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Santiago estrea un "xardín de palabras" ideado por Suso de Toro para ser "memoria literaria" da cidade
O dramaturgo compostelán explicou que o 'Xardín das pedras que falan' era unha idea que lle "roldaba a cabeza" e que, agora, verá convertida en realidade a partir do luns 14 de maio, día no que se celebrará o acto de inauguración coa colocación de senllas pedras nas que figurarán pequenos textos de Rosalía de Castro, Luz Pozo Garza e o irlandés Seamus Heaney, gañador do Nobel de Literatura en 1995.
A idea é que cada unha das pedras de granito vaia conformando unha espiral de "palabras" procedentes das literaturas de todo o mundo. Cada rocha estará dedicada a un escritor ou escritora e recollerá un texto que irá creando unha "memoria" literaria en Compostela.
O lugar elixido para situar a instalación, o patio traseiro de Fonseca, logo de permanecer durante anos pechado ao público, convertirase nun lugar de veciños e visitantes que "reivindicará a importancia da palabra" en Santiago.
O 'Xardín das pedras que fala' suporá a "posta en valor adicional" dun edificio emblemático como o Pazo de Fonseca, cuxo patio serviu de xardín botánico no que agora se "cultivarán" as palabras.



Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-05-2018 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal