Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Félix pasa por Galicia e deixa máis de 370 incidencias.


O peor de Félix estaba previsto para a pasada madrugada, con todo, non houbo graves incidencias ao longo da noite, a pesar de que o Centro de Atención de Emerxencias-112 Galicia xestionou ata 378 casos relacionadas con este temporal, 223 deles desde as seis da tarde de onte e ao longo de toda a madrugada. Os concellos máis afectados foron os do litoral atlántico, segundo informa a Vicepresidencia da Xunta, que cita concretamente a Bergondo, Boiro, Cee, Brión, Padrón, Rianxo, Rois e Santiago, na provincia da Coruña; e Moaña, Pontevedra, O Rosal, Sanxenxo, Vigo e Vilanova de Arousa, na de Pontevedra. A provincia máis afectada foi a da Coruña, con 174 avisos, seguida da de Pontevedra, con 140; Ourense con 26 e Lugo con 38 incidencias xestionadas. A maioría delas tiveron que ver con árbores e ramas nas estradas, derrumbamentos ou anegamientos. No concello da Laracha, dúas persoas resultaron feridas despois de que caese unha árbore encima do coche no que se atopaban.

Raúl Rodríguez Seoane, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal