Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un ourensán busca apoio para acudir a un
campionato mundial de robótica.

Álvaro Gutiérrez Jácome é un mozo ourensán que estuda o ciclo superior de
Automatización e Robótica Industrial en Barcelona. O equipo que forma xunto a
outros compañeiros de estudos acaba de proclamarse gañador dun campionato
de robótica (VEX Ou Robotics) e representará a España na final mundial.
«Traballamos con robótica STEM (Science, Technology, Engineering,
Mathematicas) e isto permitiunos aprender aplicacións reais do mundo
industrial dentro dun campo de 3x3 metros», explica este exalumno do IES As
Lagoas da capital que vive co seu irmán en Barcelona. «Queremos seguir
ampliando os nosos coñecementos tecnolóxicos competindo cos mellores
equipos a nivel mundial, por iso mantemos un elevado nivel de autoexigencia,
adestramento e mellora continua para conseguir que o noso robot estea á
altura que require a competición», relata Álvaro.
Pero agora teñen un novo reto por diante e é lograr fondos que lle permitan
viaxar no mes de abril a Kentucky, en Estados Unidos, onde se celebrará a final.
Non teñen medios para desprazarse e só a inscrición roza os 1.000 euros.
Activaron unha plataforma de micromecenazgo. (aínda non está activa pero
poderase acceder en hwww.goteo.org/project/final-mundial- vex-ou- robotics-
competition)

Wuimer Álvarez Célix, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal