Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vilanova dos Infantes reclama xustiza para Adolfo Enríquez.

Resignación é unha das palabras que mellor define aos poucos veciños que
onte se deixaron ver pola vila medieval de Vilanova dos Infantes. A decisión de
arquivar o caso do asasinato do párroco Adolfo Enríquez e o roubo da imaxe
da Virxe do Cristal sucedido en 2015, nin gusta nin a entenden os fregueses
desta parroquia celanovesa. " Isto pártenos o corazón", comentaba unha
veciña cos ollos postos nun dos lazos negros que aínda hoxe presiden
algunhas xanelas da praza maior.
Conmemorouse o terceiro aniversario da morte do cura, onte sábado cunha
celebración dunha misa na súa honra ás 12,00 horas na igrexa parroquial, a
decisión xudicial ha caído como un xerro de auga fría. Aínda que a indignación
na comarca instalouse un frío mes de xaneiro de 2016, coa detención e
posterior posta en liberdade dos ata agora dous únicos investigados no caso,
dous homes de nacionalidade croata que frecuentaban a casa reitoral. "A pena
non nola quita ninguén, pero sentimos defraudados polos feitos que
aconteceron despois", aseguraba Antonio Gómez, cura e amigo de Adolfo
Enríquez que, tras o triste suceso, fíxose cargo da parroquia de Vilanova, onde
nin as réplicas realizadas da imaxe da Virxe devolveron a paz ao lugar.
"Seguimos confiando na Xustiza e, pola seguridade do pobo, esperamos que
este caso non se esqueza e déase cos asasinos de don Adolfo", comentaba
Manuel Riestra, propietario do único bar do pobo no que actualmente apenas
residen 80 veciños. "Cada vez somos menos e a xente está moi escéptica.
Aquí non se fala nada", asegura tras coñecer os últimos avances oficiais pola
prensa.

Sara González Belloso, 1º Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal