EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Francisco Conde: “o nivel dos proxectos de Galiciencia demostra que existe talento na Comunidade”


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá na Tecnópole
a 13ª edición de Galiciencia, na que asegurou que o rigor e o nivel tecnolóxico dos proxectos
presentados son a mostra de que existe talento na Comunidade.
Conde sinalou que se trata dun evento consolidado e que xa é un referente nacional. Nesta edición,
que por primeira vez se celebra durante a primavera para seguir a tendencia deste tipo de certames e
adaptarse ao calendario escolar, participan un total de 77 traballos de 150 investigadores noveles de
Primaria, Secundaria e Bacharelato de 30 centros galegos e dous de Cataluña.
O conselleiro explicou que, cando finalice esta edición -adicada ao cambio climático-, terán pasado
por Galiciciencia, desde a súa primeira convocatoria en 2006, máis de 25.000 persoas e 700
proxectos, o que, segundo o conselleiro, é unha mostra de como este evento está contribuíndo a que
Tecnópole consolide o seu posicionamento no eido da divulgación, da ciencia e da innovación.
Conde destacou, precisamente, a aposta que desde o Goberno galego se está a facer por impulsar o
talento científico e innovador na Comunidade e referiuse a un dos obxectivos recollidos no Plan
Galicia Innova 2020 centrado en espertar vocacións científicas e incentivar o espírito emprendedor
e de creatividade dos máis novos. Neste sentido, explicou que en Galiciencia estas metas estanse a
cumprir xa que os gañadores do pasado ano acaban de recibir o primeiro premio de Exporecerca e
serán os representantes españois en Expo Science Europe, mentres que os gañadores do segundo
premio da edición anterior recibiron o primeiro posto na feira vasca: “É posible que hoxe teñamos
aquí a futuros candidatos de programas como Oportunius, Principia ou Ignicia”, asegurou o
conselleiro.

Eva Muñíz, 1º Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal