EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Eurovisión 2018
Bo día amig@s:

Novamente estou aquí para subir a este blog outra nova de fin de semana.

Lamentablemente, esta vez, non encontro nada interesante de que falarvos como non sexa da
gala de Eurovisión da que case media España, onte pola noite, estaba pendente. A outra
media, masculina na súa grande parte, estaba pendente do Madrid – Celta. Por certo, sinto
polo Celtiña, non se merecía unha derrota así.

Pero volvendo a Eurovisión…

Levamos meses escoitando a canción que nos representaría no Festival . Amaia e Alfred interpretaban “Tu canción”. Miles de persoas, “eurofáns” lle din, seguían todos os pormenores
dende que saíron elixidos na derradeira gala de Operación Triunfo. Ata chegar a onte, 12 de maio, ás 9.20horas en Lisboa.

Todos relacionamos Eurovisión con música, divertimento, espectáculo… e atopámonos coa
gala máis sobria que en moitos anos se ten realizado. Salvárona a gran variedade de estilos que se puideron ver, dende pop ata rock, pasando por baladas ou cancións que representaban claramente as culturas dos países que representaban. Claro que a sobriedade non está rifada cunha posta en escenario impresionante: xogos de luces, fogos de artificio, pianos alumeados, vestidos sorprendentes, decorados de grandes dimensións… todo para centrar a nosa atención no artista e na canción.

Radio Televisión Portuguesa tiña claro que esta era a ocasión perfecta para mostrarlle ao mundo cómo é Portugal e así, antes da actuación de cada país, mostraba a riqueza cultural, social e incluso gastronómica das localidades portuguesas.

En conclusión, parece que esta gala de Eurovisión 2018, en xeral, convenceu. Grandes
actuacións, Israel, Chipre, Austria, Alemaña... impresionantes postas en escena como a da representante de Estonia. Todo para acadar ter ao espectador enganchado ata o último segundo da gala. O vindeiro ano toca viaxar ata Israel, esperemos que proximamente nos chegue a nós a sorte de ter que celebrar a gala no noso país e así poder demostrar aos demais as nosas marabillas.

Con isto remato a miña achega por esta semana, para a próxima máis e mellor!

Clara Mª Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2018 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal