EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fortnite: o videoxogo de moda
Tanto por beneficios obtidos como por xogadores en activo, Fortnite: Battle Royale escribiu o seu nome na historia dos videoxogos.

Fortnite empezou a súa carreira de xeito tímido. A primeira versión só consistía en sobrevivir a un ataque de varias criaturas. Con todo, o “boom” deste xogo comezou cando a empresa introduciu un modo battle royale onde
os xogadores puidesen darse cita en intensas e aloucadas partidas. Un sistema que se lanzou de xeito gratuita nas consolas.

Desde ese momento Fortnite converteuse no “free to play” de maior éxito na historia das consolas. Tanto por beneficios xerados como por número de usuarios activos, este xogo xa escribiu o seu nome para a posteridade.

Porque aínda que pareza mentira, aínda que sexa gratuito, Fortnite conseguiu 223 millóns de dólares en beneficio sempre tendo en conta os
resultados das diferentes versións (consola, PC e Smartphone). Datos que subiron de forma espectacular en febreiro, cando os ingresos que Epic Games recibiu creceron un 73%.

Iso si, a Fortnite: Battle Royale quédalle traballo nalgunhas áreas. Como, por exemplo, no mundo smartphone, xa que o xogo de Epic Games non aparece no top 10 de títulos para esta plataforma. De momento este honor osténtao Honour of Kings.

Aínda así, si tivésemos que elixir un só videoxogo como o máis influinte do 2018, este sería sen dúbida Fortnite Battle Royale. No ámbito do lecer electrónico este videxogo, é o máis seguido a través de Internet, ostentando
ata records de visualizaciones simultáneas en Twitch e YouTube . Alcanzado a cifra de 3,2 millóns de xogadores simultáneos e facendo que Epic Games obtivera enormes beneficios incluso tratándose dun título gratuito.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2018 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal