EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Boia detecta unha onda de 24 metros de altura
Foi xerada nunha tormenta no Océano Antártico, ao sur de Nova Zelandia. É a maior rexistrada no hemisferio sur.

Unha boia situada preto da Illa de Campbell, en Nova Zelanda, detectou esta semana unha onda de 23,8 metros de altura, a maior medida algunha vez en todo o hemisferio Sur, tal como informou Tom Durrant, oceanógrafo do país.

Segundo este experto, a onda foi xerada por baixas presións con ventos ao redor de 120 quilómetros por hora. Este fenómeno xerou unha feroz tormenta preto da illa de Campbell, a 700 quilómetros ao sur de Nova Zelanda, no centro do Océano Antártico.

«Este é un acontecemento moi interesante e, polo que sabemos, é a maior onda rexistrada algunha vez en todo o hemisferio sur», dixo Durrant. O investigador sinalou que o Océano Antártico é un xerador de ondas enormes capaces de cruzar o planeta. Nese sentido, explicou que os surfeiros de California poden esperar que a enerxía xerada nesta tormenta chega ás súas costas para partir do luns.

O oceanógrafo sinalou que a tormenta probablemente produciu ondas maiores, pero que estas non quedaron rexistradas porque a boia non estaba no lugar máis idóneo e porque só recompilou datos durante 20 minutos unha vez cada tres horas, co fin de aforrar baterías.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2018 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal