EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Intruso na actuación de Reino Unido
Mentres a representante de Reino Unido, SuRie, interpretaba a súa canción ‘ Storm’ durante a final do certame, un individuo coouse no escenario e arrebatoulle o micrófono. Certo é que non durou moito intre con el porque, rapidamente, os membros de seguridade reducírono e SuRie continuou o seu tema baixo o aplauso e calor do público.

Con todo, as redes sociais non pasaron desapercibido ningún detalle e especularon se a mensaxe que lanzou durante a súa intervención tivo algo que ver coa cuestión catalá cun “ Puigdemont freedom”. Pero as palabras do espontáneo foron diferentes: “ For the Nazis of the UK media, we demand freedom”, que significa “para os nazis dos medios de comunicación de Reino Unido, pedimos liberdade”.

Na camiseta que leva por baixo pódese ler o título do seu próximo libro xunto a un 'Cómprao en Amazon',

O mozo xa foi identificado porque é un habitual nos eventos multitudinarios de Reino Unido, segundo a prensa britanica. Coñécese como Dr ACactivism e este mesmo ano asaltou xa a gala dos Premios Nacionais de Televisión de Reino Unido e, o pasado, irrompeu no escenario d a final de The Voice (A Voz, en España) e en The Nolan Show.

Nesta ocasión, o rapero vestía unha camiseta na que se podía ler o título do seu próximo libro: “ The Working of The UK STATE MAFIA: UK Media. By Dr A. C.”, xunto a unha invitación para compralo en Amazon. Pero non é o único libro, xa que na plataforma online ten varios libros en formato electrónico sobre o que considera “corrupción” dos medios de comunicación de masas, razón que denuncia cos seus saltos.

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2018 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal