Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A primeira película sobre Rosalía retrata o lado máis íntimo da poeta

Contou Rosalía, a primeira película sobre a poeta galega, na que se amosa o seu lado máis íntimo. Lonxe da imaxe melancólica de Rosalía, a ficción que Zenit preestreou onte en Compostela presenta a unha moza desafiante e apaixonada que loita contra as convencións da época nuns tempos nada doados para as mulleres. A longametraxe recrea a súa historia de amor co historiador e escritor Manuel Murguía. Primeiro, unidos pola preocupación polo pobo galego, e logo, pola paixón.
Rosalía narra como labra o seu camiño en parella e trata de esquivar as pedras dunha sociedade machista.
Dirixida por Zaza Ceballos, a obra para televisión estrearase na TVG o próximo mércores, na véspera do Día das Letras
«Amósannos o pasado recente de Galicia, fálannos do cambio social e económico que experimentamos como pobo sen perder as nosas raíces e reflicten figuras que traballaron en prol dunha sociedade máis xusta e moderna», destacou o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación de Contou Rosalía. Sutil estivo acompañado pola directora do filme, o director de proxección social da CRTVG, Xaime Arias, e do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, quen enxalzou á poeta coma «todo un emblema» que «une Galicia» e que, porén, «carecía dunha produción no mundo do audiovisual» que se ocupase da súa figura.
Contou Rosalía, na que Melania Cruz encarna á escritora e Fran Lareu a Murguía, emitirase en forma de miniserie (en dúas entregas). A rodaxe desenvolveuse entre maio e xuño do ano pasado. Conta cun reparto integramente galego e filmouse enteiramente en Galicia. Entre as localizacións elixidas están o pazo de Quiroga de Abegondo, diferentes edificios e exteriores da Coruña, o castelo de Corcubión e o IES Eusebio da Guarda.
Zenit destacou o esforzo feito na recreación histórica das localizacións e as caracterizacións (traballaron a partir de fotos e documentación da época para recreala).
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal