Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Accidente na ponte de Rande

Un accidente rexistrado ao mediodía entre varios vehículos volveu a provocar retencións na Ponte de Rande por segundo día consecutivo, tras os atascos quilométricos que se produciron o sábado polo peche de tres carrís por tarefas de mantemento. A situación deste domingo viuse agravada polos posibles desprazamentos á praia propiciados polo bo tempo, o que provocou retencións ata pasadas as 14,00 horas ata practicamente Vigo, segundo confirmaron fontes da Policía Local de Moaña. En redes sociais como twitter volvéronse a repetir as críticas de numerosos usuarios, que cualificaron a Ponte de Rande como unha "rateira".

Ás críticas cidadás sumouse o secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontrevedra, David Regades, quen esixiu que se devolva aos usuarios da autoestrada AP-9 as cantidades correspondentes ao pago da peaxe do sábado, ao entender que se cobraron "indebidamente".
Alba Gonzalez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal