Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GALICIA E AS INFRACCIÓNS POR ALCOHOLEMIA

Galicia é a segunda comunidade autónoma que maior número de infraccións de tráfico por positivo na proba de alcoholemia rexistrou en 2017 con 4.845, só superada por Andalucía con 5.585 casos, segundo datos facilitados polo Goberno.

Ademais, Pontevedra e A Coruña foron as provincias españolas nas que maior número de condutores foron detectados ebrios ao volante ao longo do pasado ano.
Segundo os datos facilitados polo Goberno, un de cada tres condutores aos que se lles fixo un test de alcol e drogas ao volante en 2017 deu positivo en España por algunha destas sustancias.
O Goberno especifica o número de positivos por metanfetamina, que se elevaron dos 1.898 aos 2.643 nun só ano. Neste sentido, cabe destacar que o test de drogas só se realizan se o condutor non dá positivo en consumo de alcol.
Cando a taxa por beber supera a permitida, 0,25 gramos por litro de sangue, o condutor xa é culpable dun delito de consumo ao volante, polo que non se realiza ningunha proba máis. Neste caso, a multa pode variar de 500 a 1000 euros e a retirada de 4 ou 6 puntos do permiso de conducir.
Si o positivo é superior a 0,60 no test de aire, os axentes denunciarán ao condutor por un delito contra o tráfico e daranlle alí mesmo a citación para comparecer ante o xuíz. Prevese pena de prisión de tres a seis meses, multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días. Ademais, en calquera caso, privaríase ao infractor de conducir vehículos a motor entre un e catro anos.
ALBA LOSADA ÁLVAREZ
1º BACHARELATO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal