Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nacen os primeiros choquitos do bosque submarino de Cesantes

Os chocos de Redondela nacen en piñeiros dun bosque submarinos.
Os marineros da cofradía San Juan celebraban onte o nacemento das primeiras cativas que viron a luz no hábitat que eles mesmos crearon baixo a ensenada de San Simón en xaneiro, coa intención de favorecer a desova da especie. O patrón maior, Clemente Bastos, confirmou o seu entusiasmo, aínda que recordou que haberá que esperar ata a campaña do próximo ano para valorar na súa xusta medida o alcance do proxecto, pionero nas cofradías galegas.

«Son como racimos cheos de cativas, cal si fosen, pero negras e vivas», explicaba Bastos ao recoller unha das ramas das árbores plantadas no fondo do mar. A reprodución masiva da especie e o negro que xa tinguiu as ramas invitan, aínda así, ao optimismo no pósito. «Agora hai que ver como é a evolución dos exemplares que se vaian fose da liña das Illas Cíes, á plataforma continental, para engordar e dos que queden», indicou Bastos aprazando a valoración final ata decembro, cando o choco volva a ríaa para desovar.

O que a día de hoxe poden xa celebrar é a multiplicación masiva da especie e que, de antemán, confirma o potencial de cambiar as ramas que se empregaban tradicionalmente para fixar a desova polo árbores completas. Na ensenada de San Simón hai un milleiro de piñeiros planimétricamente organizados no seu particular vivero subacuático. Para a instalación houbo que habilitar unha base de hormigón e colocar as árbores dentro de tubos de aceiro inoxidable que descansan no fondo do mar.
Ester Barreira
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal