Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un lifting para a Ponte Nova

A Ponte Nova loce xa outro aspecto. Varios traballadores limparon a humidade e selaron as filtracións de auga, ademais de limpar a maleza. As obras finánciaas Fomento, con motivo do centenario da súa inauguración.

A empresa de traballos verticais Irmáns Caride, con sede en Ourense, está a realizar unha limpeza integral da Ponte Nova. Os traballadores, polas noites, lavan a sillería de pedra, retirando a cor negra que provocaron as filtracións de auga e a humidade. Tamén selan as gretas para impedir novas pingueiras. Realizan a tarefa de noite para evitar incomodidades aos condutores –a estrada N-120 discorre baixo un dos arcos– e aos múltiples deportistas e viandantes que cruzan pola zona.
Polo día, dedícanse a rozar a maleza que crece entre os alicerces e os seus arredores, situados en ambas as beiras do río. Estes traballos afectaban o pasado venres o alicerce máis próximo ao barrio da Ponche. Os operarios tiveron que utilizar un guindastre con pinza para poder cortar as silvas e ramas que mantiñan sepulta boa parte da estrutura da ponte.
Inauguración
Os traballos son financiados polo Ministerio de Fomento con motivo da celebración do centenario da posta en funcionamento da ponte, en xuño do ano 1918. A primeira pedra foi colocada oito anos antes, en 1910.
En Fomento non desvelaron a partida destinada á mellora da ponte, argumentando que forma parte dunha serie de actuacións que se van a levar a cabo dentro do centro urbano da cidade. Na empresa, tampouco deron detalles sobre o proxecto, pero recoñecen que a limpeza integral era "moi necesaria", máxime cando a ponte é utilizado a diario por miles de condutores e viandantes.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal