Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Black Hornet chega a España
O Black Hornet, mais coñecido como a vespa negra, é un dispositivo aéreo non tripulado, do tamaño dunha bolboreta, está sendo utilizado desde hai anos por algúns dos exércitos máis poderosos do planeta.
O Ministerio de Defensa estuda incorporar as súas operacións este dron minúsculo, fabricado pola empresa norueguesa FLIR, que pode gravar vídeo e son sen ser detectado. Porque mide apenas 10 centímetros de longo, pesa só 18 gramos, ten unha autonomía de voo de 25 minutos e pode transmitir datos en directo desde máis de 1,5 quilómetros de distancia.
O Ministerio español leva tempo realizando probas e clases de formación de cara á posible compra dalgunhas unidades de Black Hornet. Deste xeito, o exército español tomou nota da experiencia dos militares británicos en zonas de conflito, como Afganistán, onde levan xa varios anos valéndose do mini dron para operacións de alto risco.
O Black Hornet pode controlarse dende un sistema remoto, cunha pantalla do tamaño dunha ‘tablet’ coa que se pode ver en tempo real a gravación realizada polo mini dron. A través deste sistema, pode ser enviado para voar ata un punto determinado – grazas ao GPS incorporado -, volver a un lugar tamén programado. A súa tecnoloxía permítelle reprogramarse no caso de atopar obstáculos imprevistos. Mais os seus usos son diversos: debido ás súas características, tamén podería empregarse en complicadas misións de rescate, vixilancia de instalacións nucleares ou plantas químicas.


Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-05-2018 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal