Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

En contra da manada
Unha nova manifestación percorreu este venres as rúas de Madrid en protesta pola sentenza do caso da Manada. A marcha, convocada polo Movemento Feminista baixo o lema Stop á cultura da violación, partiu ás 19.00 desde o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e finalizou no Tribunal Supremo. Segundo cifras provisionais da Policía, máis de 8.000 persoas sumáronse á convocatoria. Segundo os organizadores, unhas 30.000. As protestas sociais sucedéronse desde que se fixo público o fallo polo que os cinco homes axuizados por unha violación múltiple a unha moza nos Sanfermines de 2016 foron condenados por abusos sexuais, e non por violación, ao entender os membros do tribunal que non houbo intimidación nin violencia.

"Irmá, eu si te creo" é un das lemas máis coreados nas manifestacións en contra da sentenza da Manada.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-05-2018 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal