Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mende, os novatos deste ano nos maios
Cada ano únese algún colectivo, colexio ou asociación á competición por ser elixido o mellor maio; este ano correspondeulle á asociación San Roque de Mende, nove de cuxos máis de 200 membros decidíronse a afrontar o divertido labor de elaborar un.

"Escollemos participar na categoría de enxebres este ano, coa recreación dun carro clásico dos que se poden atopar no rural galego", explica José Luis Lorenzo Branco, presidente da asociación. Engade que se trata dunha reprodución "case a escala" dos carros que poden atoparse nos pobos da provincia, coas súas " estadullos ou fungueiros para que a carga que leva non caia e, no seu caso, laterais pechados, que poden ser baixos ou altos segundo sexa o tipo de carga", explica o presidente da Asociación de Mende.

Un traballo que lles entretivo durante varios días; en conxunto, "ao redor de 30 ou 40 horas, pero leva ben", asegura José Luis Lorenzo, que ten moi claro que a decisión de debutar neste concurso de maios foi todo un descubrimento.

Kevin Oliveira Quiroga 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2018 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal