Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cristais de tempo
Achan «cristais de tempo» nun material que está ao alcance dos nenos.

Un equipo de físicos da Universidade de Yale descubriu indicios da existencia dun «cristal de tempo» no lugar que menos se esperaban: no interior dun cristal «normal» e que ben poderiamos atopar en certos xoguetes infantís. O achado abriu novos interrogantes e deixa claro que sabemos aínda moi pouco sobre cómo se forman estas estruturas que desafían abertamente as leis da Física.

Os cristais normais , como o sal, o cuarzo ou os diamantes, teñen os seus átomos ordenados en patróns e que se repiten unha e outra vez. Nos cristais de tempo, con todo, os átomos tamén se moven seguindo un patrón que se repite, aínda que o fai no tempo, e non no espazo.

Seguir un patrón temporal implica que os átomos dun cristal de tempo nunca se acomodan no seu estado normal, cousa que si fan os átomos dos cristais normais. Por iso, os cristais «normais» permanecen inmóbiles, xa que están en
equilibrio e no seu estado fundamental. Pero os cristais de tempo teñen, repetimos, unha estrutura que non se repite no espazo, senón no tempo, e por tanto seguen oscilando mesmo no seu estado fundamental. É dicir, nunca alcanzan o equilibrio e, literalmente, non poden permanecer quietos.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-05-2018 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal