Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Reiki
O Reiki é unha terapia que ten unha orixe espiritual. Algúns o asocian coa maxia, pero outros prefiren consideralo unha técnica máis de relaxación e meditación. Aseguran que pode curar enfermedades e prometen autosanación
fisica e espiritual.

A orixe do Reiki remontase ao ano 1922, creada polo budista zen xaponés Mikao Usui. Esta terapia inspirada no budismo é un camiño para atopar o equilibrio e a harmonía na vida. Existen cinco principios para mellorar o corpo e a mente: non te enfades, non te preocupes, dá as grazas, traballa con dilixencia, se amable coa xente.

O Reiki asume que existe unha enerxía vital do Universo que está no noso corpo de maneira que cando esa enerxía flúe a través do noso corpo
nosas defensas están activas, e o noso organismo pode experimentar o máximo benestar, pero cando dita enerxía deixa de fluír aparecen as enfermidades, o estrés, a ansiedade, e outras molestias.

Segundo esta crenza, outras persoas poden transmitirnos a súa enerxía vital a través das mans para desbloquear o noso fluxo vital, reactivando así o noso sistema inmunolóxico e a autosanación.

O Reiki di que as mans adestradas dun mestre poden desbloquear o fluxo de enerxía vital para espertar as defensas e equilibrar a nosa mente e o noso espírito. E son moitos os que están convencidos de que axuda a curar o estrés, a ansiedade, jaquecas, dores musculares, acelera as cicatrizaciones e alivia a dor en enfermidades como o cancro, o reuma, e enfermidades crónicas.

Pero para a ciencia non existe "unha enerxía vital que percorre o universo e os nosos corpos", nin tampouco se detectou ningún tipo de transmisión energética a través das mans.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-05-2018 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal