Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Evento especial nunha feira do libro turca
Un total de 20.000 libros apareceron hoxe nas árbores da cidade noroccidental turca de Kocaeli como parte da feira do libro da cidade.

"Esta primavera as nosas árbores deron libros en lugar de flores", dixo o alcalde de Kocaeli, Ibrahim Karaosmanoglu, nunha cerimonia. "Aquí o importante é chamar a atención dos cidadáns e aumentar o seu interese nos libros".

Os libros colocados nas árbores son principalmente clásicos mundiais e novelas para nenos e foron reunidos nun lapso breve, dixo o goberno municipal nun boletín de prensa.

Algúns cidadáns usaron escaleiras para tomar os libros e outros se apoiaron nos seus amigos.

"Este evento é moi necesario para os mozos, non só en Kocaeli, senón en todo o país", dixo unha estudante universitaria nun vídeo da cidade. "Espero que as autoridades distribúan máis libros gratuítos".

A décima Feira do Libro de Kocaeli concentrouse na literatura infantil e atraeu a 470 editores, dixo o boletín de prensa, o cal sinala que a feira concluirá o 13 de maio.

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-05-2018 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal