Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comisadas na Coruña pezas de marfil africano que se vendían a 10.000 €

O equipo do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña comisou nove pezas de marfil africano que se ofertaban a 10.000 euros nun coñecido portal da internet dedicado á comercialización non profesional.
O lote estaba composto por pezas decorativas fabricadas con cabeiros de elefante africano, informa o instituto armado a través dunha nota de prensa. A comercialización destas pezas está regulada na lexislación CITES, de aplicación en España, por tratarse dunha especie en grave perigo de extinción.
Tras as xestións oportunas, a propietaria dos efectos non achegou ningunha documentación que acreditase a súa legal tenencia, motivo polo cal se levantou acta por suposta infracción administrativa de contrabando. Esta actuación enmárcase dentro do plan de acción contra o tráfico ilegal e o furtivismo internacional de especies silvestres.
Ester Barreira
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2018 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal