Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PECHADA A ALAMEDA DE OURENSE PARA O BOTELLÓN

O Concello de Ourense activou unha serie de medidas para combater a práctica do botellón na Alameda. Desde o pasado xoves, a Policía Local ten a orde de manter unha patrulla fixa no espazo e precintar os accesos entre as 23,00 e as 02,00 horas, a franxa na que adoita concentrarse a práctica do botellón, antes de que a festa trasládese ao Casco Vello.
A decisión chega despois de que hai uns días, os participantes no botellón ocasionasen de novo desfeitas na Alameda, rompendo cristais e deixando resto de botellas e vasos tras a noite de festa.
A medida chega despois de que desde a asociación de comerciantes da Praza de Abastos manifestasen a súa preocupación a través dun escrito presentado por rexistro para solicitar ao Concello o peche da Alameda en horario nocturno.
Unha vez que tivo constancia, o Concello comprometeuse a analizar a petición e os resultados deste estudo derivaron na decisión de reforzar a vixilancia policial co precintado mediante cintas do espazo, coa confianza de dar un paso para eliminar unha práctica insana e daniña, tanto a nivel persoal como para a cidade.
ALBA LOSADA ÁLVAREZ
1º BACHARELATO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2018 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal