Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ponte de maio
No noroeste de España prevese que se rexistre un nove por cento dos 7.435.000 movementos estimados na rede viaria española durante esta ponte festiva.
As estradas da Comunidade galega nas que se prevé maior intensidade de tráfico durante os desprazamentos desta ponte festiva localízanse na AP-9, A-6, A-52, A-55, N-550 e N-634.
PUNTOS CONFLITIVOS
En Galicia a DXT prevé un maior número de puntos conflitivos na rede viaria da provincia da Coruña, localizados nos accesos á cidade herculina pola AC-12 e AC-11, así como na AG-11 entre Ribeira e Padrón, na N-550, N-651, na autoestrada AP-9, así como na autovía A-6 e nas estradas AC-552 e AC-173.
Pola súa banda, na provincia de Pontevedra Tráfico apunta tres puntos conflitivos estimados nesta ponte: na A-52 na ligazón da A-55 no Porriño; así como na A-55 na entrada a Vigo e ligazón coa AP-9 e AG-57 sentido Baiona; e nos accesos e saídas de Moaña-Cangas na AP-9.

Na provincia de Ourense a DXT advirte de puntos conflitivos na N-120 e N-525 nos accesos á capital ourensá e na estrada OU-540.
Alba Gónzalez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2018 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal