Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Expourense ofrece un simulacro real de atentado terrorista aberto ao público

Os asistentes coñeceron o procedemento de intervención dos corpos de seguridade ante unha situación deste tipo
O simulacro de atentado terrorista está organizado polo CIFP A Carballeira, baixo a dirección do Profesor do módulo de Plans de Emerxencia, Eduardo Rodríguez Deán, e a participación dos alumnos do Ciclo de Técnico de Emerxencias Sanitarias.

Expoourense acolleu a representación, onde se recreou unha conferencia brutalmente interrompida por unha persoa que porta un arma de fogo e que comeza a disparar indiscriminadamente aos presentes.
Para levar a cabo a posta en escena contaron coa participación da Policía Nacional; Protección Civil; Servizo do 061; Bombeiros; Policía Local: Ambulancias As Burgas: Ambulancias Sil: Ambulancias Bande: Pompas Fúnebres: Servizos Funerarios Virxe do Rocío (Molgas-Maceda); e os alumnos e alumnas do IES 12 de Outubro, que se ocuparon da maquillaxe dos actores.

Lucía López
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2018 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal