Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os desafiuzamentos soben un 0,5% no terceiro trimestre en Galicia
Os lanzamentos por incumprimento da lei de arrendamentos soben un 11,2%, mentres caen un 4,4% os que se deben a execucións hipotecarias
Os desafiuzamentos subiron un 0,5% no terceiro trimestre en Galicia en relación ao mesmo período do ano anterior, ata un número total de 441, dos que un 67,6% (298) tiveron como causa procedementos derivados da lei de arrendamentos urbanos --habitualmente, por non pagamento do aluguer--.

Un 29,2% deses 441 lanzamentos practicados na comunidade galega no terceiro trimestre de 2015 ten que ver con procedementos derivados de execucións hipotecarias, o que bota un total de 129 desafiuzamentos por incumprimentos relativos á hipoteca.

Con estas cifras, os desafiuzamentos por non pagamento do aluguer subiron un 11,2% no terceiro trimestre do ano en relación co mesmo período de 2014, pero os desafiuzamentos por incumprimentos da hipoteca baixaron un 4,4% interanual.

Así recólleo a estatística publicada este venres polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) que, no seu informe 'Efectos da crise económica nos órganos xudiciais'', destaca que os xulgados galegos iniciaron no terceiro trimestre do ano 409 execucións hipotecarias, o que supón un descenso do 12% con respecto ao mesmo período do ano pasado.

Non obstante, o número de lanzamentos practicados neste período --o que implica a perda efectiva do inmoble, o desafiuzamento-- subiu ese 0,5%, ata 441.





Lucía Gómez Cibeira, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-05-2018 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal