Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS COREAS FAN HISTORIA
A xornada de onte foi o escenario do que probablemente sexa un dos maiores éxitos diplomáticos do que vai de século. O encontro persoal entre os presidentes de Corea do Sur, Moon Jae- in, e o seu homólogo norcoreano, Kim Jong-un, supón a culminación duns esforzos políticos que durante anos pareceron estériles e ata inxenuos. Así mesmo, marca un punto de inflexión, esperemos que definitivo, na península de Corea desde que o Norte e o Sur librasen a guerra entre 1950 e 1953. Máis aló do simbólico, o verdadeiramente transcendente é a declaración conxunta na que ambas as nacións comprométense a desnuclearizar a península que comparten. Dado que Seúl non posúe armamento atómico, significa que, por primeira vez, Pyongyang anuncia a súa intención de desarmarse. Isto, unido ao anuncio feito a semana pasada de que xa non efectuaría máis probas nucleares nin de mísiles intercontinentais, e desmantelaría o seu sitio de probas nucleares en Punggye- ri, cambia por completo o panorama estratéxico de hai apenas uns meses. Entón, o nivel de enfrontamento dialéctico —con cruzamento de insultos e ameazas incluídas— entre Kim Jong-un e Donald Trump facían presaxiar un enfrontamento armado de consecuencias imprevisibles entre Washington e Pyongyang.




Máis aló do simbólico, o verdadeiramente transcendente é a declaración conxunta na que ambas as nacións comprométense a desnuclearizar a península que comparten. Dado que Seúl non posúe armamento atómico, significa que, por primeira vez, Pyongyang anuncia a súa intención de desarmarse. Isto, unido ao anuncio feito a semana pasada de que xa non efectuaría máis probas nucleares nin de mísiles intercontinentais, e desmantelaría o seu sitio de probas nucleares en Punggye- ri, cambia por completo o panorama estratéxico de hai apenas uns meses. Entón, o nivel de enfrontamento dialéctico —con cruzamento de insultos e ameazas incluídas— entre Kim Jong-un e Donald Trump facían presaxiar un enfrontamento armado de consecuencias imprevisibles entre Washington e Pyongyang.

Agora, os primeiros pasos escenificados por ambas Coreas durante a celebración dos Xogos Olímpicos de Inverno e o ton mesurado e práctico exercido en todo momento por Seúl cristalizaron nun histórico contacto ao máis alto nivel. En calquera caso, a entrevista e a declaración conxunta son un primeiro paso nun complexo proceso que require da participación nalgunha medida de China e EE UU. Só a diplomacia e o compromiso multilateral son eficaces á hora non xa de rebaixar tensións senón de lograr a paz. O ocorrido onte no paralelo 38 é un bo exemplo.



Laura FeijooGonzález, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-05-2018 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal