Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un estudo revela que expoñerse de noite á luz LED pode provocar cancro
Unha investigación, publicada pola revista ' Environmental Health Perspectives' e dirixida polo Instituto de Saúde Global de Barcelona ( ISGlobal, atopou unha relación entre niveis elevados de exposición a luz azul durante a noite e un maior risco de padecer cancro de mama e de próstata. Este tipo de luz é a que emiten a maioría das luces LED de tipo branco e moitas pantallas de tabletas e teléfonos móbiles.

O estudo está cofinanciado polo Consorcio de Investigación Biomédica en Rede de Epidemiología e Saúde Pública ( CIBERESP), e contou con datos médicos e epidemiolóxicos de máis de 4.000 persoas de entre 20 e 85 anos de once comunidades autónomas españolas. O investigador do ISGlobal e coordinador do estudo, Manolis Kogevinas, lembrou que "a Axencia Internacional de Investigación en Cancro da OMS ( IARC) clasificou o traballo en quenda de noite como probable cancerígeno en humanos".

"Existen evidencias que apuntan a unha relación entre o traballo nocturno exposto á luz artificial, que implica disrupción do ritmo circadiano, e os cancros de mama e de próstata, e neste estudo queriamos pescudar se a exposición á luz durante a noite nas cidades pode ter algunha influencia na aparición destes dous tipos de cancro", engadiu Kogevinas. "Sabemos que en función da súa intensidade e lonxitude de onda, a luz nocturna, e en especial a luz de espectro azul, pode diminuír a produción e secreción de melatonina", agregou Martin Aubé, profesor de física no CÉGEP de Sherbrooke (Canadá) e coautor do estudo.

A información sobre a exposición nocturna á luz artificial no interior recompilouse mediante entrevistas persoais, mentres que os niveis de luz exterior só avaliáronse en Madrid e Barcelona, as únicas cidades das que se puido obter imaxes nocturnas tomadas polos astronautas da Estación Espacial Internacional. Nos resultados obtidos en ambas as cidades, os investigadores observaron que os participantes expostos a niveis máis altos de luz azul tiveron entre 1,5 e 2 veces máis risco de sufrir cancro de mama e de próstata, respectivamente, comparado coa poboación menos exposta.



Raquel Vázquez Reza 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-05-2018 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal