Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre un mozo de 20 anos ao caer dun segundo piso cando tentaba entrar na súa casa
Era un estudante murciano, que estudaba en Salamanca e que se esqueceu as chaves

Un mozo de 20 anos e con iniciais J.A. M. B. faleceu este domingo no Complexo Asistencial de Salamanca, ao que foi trasladado tras sufrir unha caída cando tentaba entrar na súa casa, nun segundo piso, pola fachada, segundo a información da Gaceta de Salamanca. Ao parecer, o mozo, un estudante universitario de Murcia, esqueceuse as chaves en casa e tentou acceder á mesma escalando polo conduto do gas.O servizo de Emerxencias 1-1-2 recibiu o aviso ás 23.50 horas do sábado. A persoa que contactou co servizo relatou como se atopou ao novo tirado no medio da rúa Huerta Otea, na confluencia entre a rúa Faisán e a praza das Cegoñas (San Bernardo). Presentaba un forte golpe na cabeza por onde sangraba abundantemente e custáballe respirar. De feito, os policías que acudiron ao lugar atopárono semiinconsciente, segundo relata a citada publicación.


Carlos Sánchez Cao 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-05-2018 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal