Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Científicos do CSIC desenvolven cinco candidatos a vacinas contra o ébola
Entre o 2013 e o 2016 produciuse un importante brote do virus do ébola en África Occidental, cun total de 28.616 casos e 11.310 mortes. Por primeira vez, rexistráronse casos fóra de África, un deles en España, e a Organización Mundial da Saúde declarou o brote como unha emerxencia de saúde pública internacional. Neste marco, un estudo internacional liderado por investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveu cinco novos prototipos de vacina contra o ébola. Os resultados publícanse na revista Journal of Virology. Un destes cinco candidatos protexe cun 80 % de eficacia fronte a unha das especies máis mortais de ébola, Zaire ebolavirus.
Mediante a mesma estratexia empregada anteriormente para xerar vacinas contra o chikungunya, a hepatite C e o VIH, os científicos crearon varios prototipos que expresan dúas proteínas moi inmunogénicas do virus: a glicoproteína de superficie GP e a proteína VP40, que proceden das dúas especies máis mortais do ébola, Zaire ebolavirus e Súan ebolavirus.
«A expresión de ambas as proteínas por parte dun vector é capaz de xerar partículas virales semellantes tanto en morfoloxía como en tamaño ao virus do ébola e, por tanto, outorgar ás vacinas desenvolvidas amplas propiedades inmunológicas», explica o investigador do CSIC e codirector do traballo Juan García Arriaza.


Sara Araujo Sánchez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-05-2018 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal