Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xuíz Vázquez Taín cre que houbo intimidación no caso da Manada
Ás manifestacións multitudinarias en contra da sentenza da Manada que os condena como autores de abuso sexual e non de violación súmase o punto de visto crítico dalgúns xuristas. O xuíz galego Vázquez Taín, partindo do relato dos feitos probados no escrito, considera que si existiu intimidación. É categórico: o que hai que cambiar non é a lei senón a sensibilidade á hora de interpretala.

Os delitos graves son xulgados por máis un xuíz, neste caso tres, para que non poida prevalecer un unico punto de vista.

O relato dos feitos probados na sentenza da Manada describe unha violación pero condena os cinco acusados por un delito de abuso sexual continuado cunha pena de nove anos de cadea. O tribunal de tres tipifícao como abuso e non como agresión, violación, ao considerar que non houbo intimidación.

Falamos co xuíz Vázquez Taín que sempre dixo que os maxistrados, os xuíces e os fiscais teñen a obriga de explicar e achegar as sentenzas á sociedade. Entende pero non comparte as críticas á sentenza desde as manifestacións multitudinarias nas rúas.

Mentres as redes sociais seguen reaccionando tamén en apoio á vítima.


Ángela I. Baig
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-04-2018 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal