Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pilar Bermejo, quinta muller na Real Academia Galega de Ciencias
A científica Pilar Bermejo Barrera, catedrática de Química Analítica e decana da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, ingresará o vindeiro 9 de maio na Real Academia Galega de Ciencias. Pilar Bermejo será a quinta muller en ingresar na institución nos seus 40 anos de historia.
Pilar Bermejo naceu en Santiago en 1956 e é profesora da USC desde 1978. Foi candidata á reitoría en 2010 e é decana da Facultade de Química desde 2014. Despois de estudar en Santiago, completou a súa formación na universidade de Plymouth. É a investigadora principal do grupo Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación”. Foi coordinadora do programa piloto ECTS de Erasmus na área de Química, e coordina a rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) e o programa TASSEP (Transatlantic Science Student Exchange Programme).
O acto comezará ás 19 horas do 9 de maio no Pazo de San Roque de Santiago.

Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-04-2018 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal