Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día da danza, 29 de abril
A UNESCO proclamou o 29 de abril como o Día Internacional da Danza a proposta do Comité Internacional de Danza pertencente ao Instituto
Internacional do Teatro. O día elixiuse por ser o aniversario do nacemento de Jean-Georges Noverre, bailarín e coreógrafo francés, recordado pola produción do ballet “Medea e Jasón”, así como por ser un innovador do ballet clásico, por iso, dise que é o creador do ballet moderno.

Un obxectivo do Día Internacional da Danza é reunir a todos os que elixiron esta forma de expresión para superar todo tipo de barreiras culturais, políticas e éticas e celebrar a danza e a súa diversidad. , e outro obxectivo é a importancia dá danza no desenrolo físico e dá personalidade nos nenos e mozos.

Cada ano, organizacións , compañías e escolas de danza realizan actividades abertas ao público: clases, ensaios, conferencias e espectáculos callejeros. Ademais, cada ano a UNESCO solicita a unha personalidade recoñecida da arte da danza que redacte unha mensaxe para ser difundido mundialmente. En Madrid, será Lucía Lacarra -que a partir de setembro poñerase á fronte da dirección artística do Víctor Ullate Ballet- a encargada de ler un manifesto no 70 aniversario do Día da Danza.

Ourense tamén converterá os espazos públicos da cidade nunha pista de baile, ampliando as actividades e ofrecendo shows durante todo o día.

Actividades gratuitas nas que oito escolas de baile da cidade participarán cos seus espectáculos. Uns cincocentos participantes farán o nunca visto na cidade, un gran espectáculo protagonizado por persoas dende tres anos en adiante que teñen en común a súa afición ó baile.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-04-2018 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal