EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Crean por accidente unha encima ‘mutante’ que devora plástico
Un equipo de científicos británicos e estadounidenses creou “accidentalmente” unha encima que devora o plástico a unha velocidade considerable, o que podería ter implicacións na mellora do tratamento deste tipo de residuos.
O descubrimento produciuse cando os investigadores estaban a examinar a estrutura dunha encima natural presente nunha bacteria, a Ideonella sakaiensis, que fora atopada en 2016 nun vertedeiro de Xapón. Aquela bacteria podía alimentarse de plástico a través da acción da encima. Aos científicos chamoulles a atención que este organismo fose capaz de degradar un produto como o tereftalato de polietileno (PET), principal material empregado nas botellas de plástico, e que non existiu ata a súa síntese nos anos 40. Isto suxería que a bacteria experimentou algún tipo de mutación para poder procesar este composto.
De xeito accidental, desenvolveron unha mutación nova na encima, que acelerou aínda máis a súa capacidade á hora de degradar este tipo de plásticos
Deste xeito, a encima, denominada PETasa, degrada as botellas e outros recipientes de plástico dun xeito moito máis rápido que no medio natural, como é o caso dos océanos, onde estes compostos tardan anos en desintegrarse.
Este achado inesperado suxire que hai lugar a mellorar aínda máis estas encimas, achegándonos máis preto dunha solución para o crecente problema dos residuos plásticos.


Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-04-2018 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal