EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MEDIO RURAL APERTA A PROPIETARIOS E CONCELLOS PARA EVITAR MÁIS CATÁSTROFES

A conselleira considera que « xa non hai desculpas, tampouco para a Xunta» No plan de defensa e prevención dos incendios do 2018 « hai obrigas para todo ou mundo», advertiu a conselleira de Medio Rural ao termo do Consello da Xunta. E os primeiros, sinalou Ángeles Vázquez, son os donos dos montes, xa sexan individuais ou colectivos. Pero tamén hai competencias, da Xunta e os concellos. Sen esquivar o papel determinante do Goberno autonómico, a máxima responsable da política forestal e de extinción desviou a atención da presentación do Pladiga, que desde que existe como tal, no 2007, perdíase na cuantificación de recursos humanos e materiais, e puxo o foco nas responsabilidades de todas as partes para concluír que « xa non hai desculpas, tampouco para a Xunta».
Clara Vazquez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-04-2018 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal