EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A policía evacúa o centro de Berlín para desactivar unha bomba da II Guerra Mundial
A policía evacuou o venres unha zona do centro de Berlín que comprende a estación de tren central, o Ministerio de Economía e un importante museo mentres os expertos preparábanse para desactivar unha bomba da Segunda Guerra Mundial.

A compañía ferroviaria alemá Deutsche Bahn dixo que prevía a interrupción do transporte de longa distancia na estación entre as 10:00 am e as 14:00 pm e dixo que os trens pararían noutras estacións de Berlín.

Os servizos de autobús, tranvía e trens en Berlín tamén foron interrompidos e a estrada na que foi descuberta a bomba británica de 500 quilos pechouse esta semana durante as obras. A operación requirirá ademais a evacuación duns 10.000 cidadáns. A policía empezou a evacuar todos os edificios nun radio de 800 metros ao redor da bomba ás 9:00 am.

Publicouse un vídeo en Twitter no que a policía subía as escaleiras dun edificio cunha mensaxe: “Non traemos o servizo de habitacións, nin levamos o almorzo á cama, isto é unha chamada de atención persoal... Pídese aos residentes que abandonen as súas casas debido á desactivación dunha bomba da Segunda Guerra Mundial”. A zona evacuada tamén inclúe o Museo de Historia Natural.

Sara Araujo Sánchez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-04-2018 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal