EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os estudantes galegos, convocados á folga este xoves para reclamar unha lei de educación propia
Os estudantes galegos de ensino medio e superior están convocados este xoves, día 19, a unha folga para reclamar, entre outras cuestións, a derrogación da LOMCE, o fomento da paridade no ensino e a conformación dunha lei galega de educación.
A asociación estudantil Erguer e a Asemblea Aberta de Mulleres son os convocantes deste paro, que continúa as reclamacións da folga estudantil do pasado mes de novembro. A iniciativa conta con apoios como o de Galiza Nova ou o da CIG. Baixo a lema 'Nin LOMCE nin pactos entre elites', Erguer asegurou que esta protesta busca a creación dunha lei galega de educación á vez que a derrogación da LOMCE.
"Queremos continuar incidindo na necesidade de que en Galicia teñamos unha lei educativa propia que rompa co contido neoliberal e españolizador da LOMCE", dixo Nerea Edreira, de Erguer, que pediu a derrogación desta norma e o "mantemento da moratoria para a aplicación do Decreto 3+2".
Fronte a esta normativa estatal, os representantes de Erguer apostan por unha lei galega en materia educativa que "dea voz" á Comunidade neste ámbito, que "garanta un ensino accesible para todos os estudantes de clase traballadora" e que aposte por un ensino en galego.
Ao mesmo tempo, reclaman que se fomente "o aumento das partidas orzamentarias para o ensino público" e se "prohiban" as subvencións ou concertos "con centros privados", especialmente no ámbito dos centros que segregan por sexo, contra os que cargan.
MOBILIZACIÓNS
Ademais da xornada de folga en ensino medio e superior, están convocadas manifestacións ás 12,00 horas na Coruña (Praza de Vigo), Santiago (Alameda), Ourense (Subdelegación do Goberno), Pontevedra (Praza da Peregrina) e Vigo (Praza América).
Do mesmo xeito, haberá concentracións á mesma hora en Boiro, Bueu, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Moaña e Ribeira.
En relación a esta folga, o secretario nacional de CIG Ensino, Suso Bermello, expresou o apoio do sindicato ás reclamacións dos estudantes, que "coinciden" coas da CIG.
Neste sentido, en declaracións a Europa Press, Bermello reclamou a derrogación da LOMCE e a anulación do decreto 3+2, á vez que reivindicou a "necesidade" dunha lei galega de educación.



Belén González Pérez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-04-2018 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal