EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Denuncian que as axentes femininas da Comisaría de Lugo aínda non teñen chalecos antibalas
O secretario en Galicia da Unión Federal de Policía (UFP), Miguel González, denunciou este venres que as axentes femininas do equipo da Comisaría de Lugo aínda non dispoñen de chaleco antibalas.

Dos 180 policías de Lugo, segundo destacou, non dispoñen desta "ferramenta de traballo" en torno a trinta "e as policías femininas seguen sen o chaleco adaptado á súa anatomía". "Foron a Madrid a facer o paripé e non se lles fixo o chaleco axeitado, isto é de traca", reprochou.

González apela a que o policía na rúa "ten que estar dotado como deus manda" e comentou que por parte da dirección "espera que o compren eles; que o policía gaste 600 euros nun chaleco particular". "Isto é unha vergoña", protestou.

Ademais, denunciou as xornadas "maratonianas" que pretende impoñer a Dirección Xeral da Policía, para o que quere pagar por iso vinte euros, segundo denunciou.

Ao respecto, a UFP sostén que iso non se corresponde con comisarías como a de Lugo, que "non dispón tampouco de efectivos para montar esas quendas que o director xeral quere impoñer, cando aquí moitas veces solo sae á rúa un radio patrulla".


Ana Ramos
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2018 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal