EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ferida de gravidade unha muller atacada por dous cans rottweiler en Redondela
Unha muller de 62 anos de idade resultou ferida de carácter grave ao ser atacada por dous cans de raza rottweiler que estaban soltos na rúa en Redondela, mentres que un home de 37 anos que acudiu a auxiliala sufriu feridas leves.Os feitos se produciron sobre as 12,30 horas deste venres nas proximidades do Pazo de Pousadouro. A muller, que transita de forma regular pola zona e coñecía aos cans, observou que estes estaban en actitude molesta cara aos veciños, polo que se ofreceu a conducir aos animais ata a casa na que viven.Despois de acompañarlles uns 20 metros, os cans agredírona, tirárona ao chan e un deles mordeuna nun brazo e o outro nunha perna. A muller pediu auxilio, e un home que se atopaba na zona acudiu a auxiliala, golpeando aos cans para tentar que a soltasen .Foi así como os animais centráronse nel e mordéronlle levemente, ata que conseguiu desfacerse deles afastándose e subíndose ao capó dun coche que pasaba nese momento polo lugar. Máis tarde tanto a muller como o home foron atendidos polos servicios sanitarios, e os efectivos da Policía Local e da Policía Nacional deixaron aos cans baixo a custodia dos seus donos, onde permanecerán en gaiolas baixo observación durante as próximas horas á espera do que determine o xuíz.

Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2018 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal