EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Investigación para obter recursos a partir dun residuo
O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) centra a súa investigación no tratamento de augas residuais, tanto urbanas como industriais.
Nos seus laboratorios existen diversas liñas de investigación: dende á limpeza de augas residuais, eliminando o nitróxeno presente nelas, ata procesos dirixidos cara á valorización das mesmas.
Os diferentes grupos de traballo empregan procesos biolóxicos innovadores para o tratamento das augas (nitrificación parcial e Anammox, granulación aerobia e o desnitrificación). Tamén obteñen biopolímeros (macromoléculas presentes nos seres vivos) co fin de valorizar os recursos naturais que están presentes nas augas residuais. Ademais dos reactores situados nos seus laboratorios, o Biogroup ten instalados reactores en plantas conserveiras para a limpeza das augas. O resultado que se espera, entre outros, é conservar e protexer o ecosistema galego.


Lucía Alvarellos
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2018 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal