EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Antonio Muñoz Molina, finalista do Man Booker International
O escritor e académico da RAE Antonio Muñoz Molina foi seleccionado como finalista ao premio Man Booker International coa súa novela «Como a sombra que se vai», informou a organización. Muñoz Molina (Úbeda, Xaén, 1956) compite para facerse co galardón, que premia obras traducidas ao inglés e publicadas no Reino Unido entre maio de 2017 e abril deste ano, con outros cinco autores.
A francesa Virginie Despentes, a surcoreana Han Kang, o húngaro László Krasznahorkai, o iraquí Ahmed Saadawi e a polaca Olga Tokarczuk son os outros cinco finalistas ao prestixioso galardón.
A obra do escritor español «Como a sombra que se vai» (en inglés, « Like a Fasing Shadow»), traducida por Camilo A. Ramírez, conta a historia do asasino do activista Martin Luther King, James Earl Ray, cando estivo fuxido durante dez días en Lisboa tratando de conseguir un visado para Angola.
Os españois Javier Cercas e Gabriel Ybarra, que se atopaban entre os 13 nomeados que a organización adiantou no mes de marzo, quedaron fóra na lista de finalistas.
Os cinco xuíces do Man Booker Internacional, un panel presidido pola autora británica de orixe polaca Lisa Appignanesi, entregarán ao gañador o próximo 21 de maio 50.000 libras (uns 57.795 euros) que se reparten a partes iguais escritor e tradutor.




Sara Araujo Sánchez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2018 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal