EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Desactivar para: gallego O paradoxo galego: producir máis enerxía que a que consome Madrid
A comunidade exporta o 33 % da electricidade que xera; coa procedente dos seus propios recursos naturais de auga e vento case podería autoabastecerse.

Un puñado de compañías en mans foráneas facturaron como pouco 1.500 millóns co negocio Galicia é unha máquina de producir enerxía cunha capacidade de xeración equivalente á dunha decena de centrais nucleares xuntas. Na comunidade non hai ningunha, pero suma 11.000 megawatts instalados, o 65 % dos cales están nos ríos e nos montes en forma de centrais hidráulicas e eólicas, é dicir, utilizan recursos autóctonos que non é preciso importar. Electricidade renovable 100 % galaica. Aínda que os seus donos non son os galegos. O son, na súa gran maioría, grandes compañías antes españolas, agora en mans de fondos de investimento ou empresas estranxeiras, como o son Iberdrola, Gas Natural Fenosa ou Endesa. Só Acciona, coa carteira de parques eólicos máis avultada da comunidade, segue en mans de capital nacional, neste caso, da familia Entrecanales.


Carlos Sánchez Cao 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2018 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal