EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O paradoxo galego: producir máis enerxía que a que consome Madrid
Galicia é unha máquina de producir enerxía cunha capacidade de xeración equivalente á dunha decena de centrais nucleares xuntas. Na comunidade non hai ningunha, pero suma 11.000 megawatts instalados, o 65 % dos cales están nos ríos e nos montes en forma de centrais hidráulicas e eólicas, é dicir, utilizan recursos autóctonos que non é preciso importar. Electricidade renovable 100 % galaica. Aínda que os seus donos non son os galegos. O son, na súa gran maioría, grandes compañías antes españolas, agora en mans de fondos de investimento ou empresas estranxeiras, como o son Iberdrola, Gas Natural Fenosa ou Endesa. Só Acciona, coa carteira de parques eólicos máis avultada da comunidade, segue en mans de capital nacional, neste caso, da familia Entrecanales. E a electricidade que producen estes monstros empresariais cos dous principais recursos de Galicia, a auga e o vento, tampouco é dos galegos. Téñena que comprar, e pagar en man a factura cada que vez que acenden o interruptor, como o resto dos mortais. Se o sistema eléctrico non fose como é (baseado no principio de solidariedade territorial), os 2,7 millóns de habitantes da comunidade case poderían ser autosuficientes energéticamente. Segundo cifras oficiais de produción por comunidades durante o 2016 -o último ano aínda con datos pechados- de Rede Eléctrica de España (REE), operador do sistema, Galicia xerou 17.100 gigavatios hora de hidráulica e eólica, cando a demanda interna roldou os 20.000.




José Javier Nieto Blanco (2ºBacharelato).
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2018 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal