EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A superficie de cultivos de regadío en España crece e modernizase
Aumenta a área de rego por goteo e mingua a de inundación. A superficie de regadío en España incrementouse un 2,1% en 2017, deica os 3,7 millóns de hectáreas, un 22% da superficie total de terras de cultivo de 17 millóns de hectáreas, segundo os datos da enquisa realizada polo Ministerio de Agricultura. Nun momento de grave seca e encoros en baixos niveis, destaca a progresiva redución das superficies regadas por gravidade ou inundación da terra, que usan maior cantidade de auga e que se sitúan en 926.748 hectáreas fronte a 1.115.00 de hai unha década. Mentres, crece o uso da rega por goteo , que pasa no mesmo período de 1,5 millóns de hectáreas a 1,9, el 51,37% do total dos campos regados.
Estes datos, segundo valora o departamento que dirixe Isabel García Tejerina, poñen de manifesto os importantes esforzos feitos na última década para un uso máis eficiente da auga e a necesidade de seguir traballando na mesma dirección de cara a eliminar os regos por inundación, obxectivo que se enmarca na actual Estratexia 2020 pola que se pretende mellorar 800.000 hectáreas.



Antía Forneiro Bugallo 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-03-2018 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal