EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Serrano, jazz no teatro principal
O músico madrileño Antonio Serrano pecha hoxe, ás 19,00 horas, no Teatro Principal, o XI Festival Pórtico do Paraíso. A undécima edición de Pórtico do Paraíso despídese hoxe ao grande, coa actuación do músico Antonio Serrano.

O madrileño iniciou a súa carreira de forma autodidacta, aos sete anos, xunto ao seu pai. Este último ensinoulle a tocar a harmónica -o seu instrumento emblemático- e a ler música". Máis tarde viría o seu paso polo conservatorio e os estudos de piano, violín e percusión en Alacante e Madrid.

Aínda que os seus comezos foron na música clásica, "o meu encontro co jazz
abriume ao mundo da improvisación, que me pareceu extremadamente atractivo". Como explica, "se un empeza con sete anos, cando chegas aos 15 dáche a impresión de tocalo todo, e o jazz resultou, nese sentido, todo un
descubrimento".

Sobre o escenario do Principal, debullará o seu último traballo, " Mahalo", que é
unha "homenaxe a autores e temas que me influíron de forma importante na miña carreira musical, desde Gershwin ata Stevie Wonder". Temas como " Alfie", de Burt Bacharach tamén formarán parte dun concerto variado e ecléctico, como o artista.

Kevin Oliveira Quiroga 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-03-2018 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal